O prometido é débeda
Â
O outro dÃa falaba do costume de ” roubar ” carros e cancelas na noite de san Xoán e puña unha foto do ano pasado. PrometÃn facer unha foto este ano
do mesmo sitio e aquà está. Este ano hai unha cancela, dous carretillos de man e unha neveira de praia !. Ao millor habÃa máis cousas no dÃa propio xa que pasaron uns dÃas dende a noite de san Xoán e houbo tempo para recolleren os donos o ” roubado “.
E poño outra foto de onte da praza de Barcela con carros, dúas cancelas, un coche de neno, unha zofaina e un bidón. Hoxe seguro que habÃa máis cousas porque tamén ” rouban ” na noite de san Pedro.

Labels: etnografia III
Trinta e tres meses ( e un dÃa )
Â

Onte o Leo fixo trinta e tres meses pero non escribÃn no blogo porque estivemos de voda por terras choqueiras. O Leo comeu os entrantes e logo quedou durmido a maior parte do tempo a pesar do ruido que habÃa. Logo volveu á praia pero xa non habÃa que subira a marea e o vento levantaba olas.
Labels: familia II, leo IV
Pouco choio
Â

A ver: si, se non hai máis remedio. Pero é o que toca cando non hai traballo. Levamos toda a semana case sen producir e xa non sabemos onde meternos. Botei de carpinteiro amañando palés uns dÃas e hoxe tocou limpar paredes do almacén que estaban cheas de arañeiras. Quen tivo sorte de que limpase eu foron dous pichóns e dous ovos de pomba que tiveron a súa segunda oportunidade.
A ver se saÃmos deste bache produtivo…
Labels: traballo II
Carros e cancelas
Â
Dentro dun chisco fluirán polo aire cheiros a fumes e sons de risas. Empeza a noite máxica de san Xoán cos seus costumes de saltar fogueiras, comer sardiñas, preparar a auga de san Xoán e o costume de ” roubar ” cancelas e carros como mostra a foto do ano pasado tirada no concello das Neves. Van quedando menos e menos carros e o costume vaise perdendo como todo. Para demostralo xa porei a foto do mesmo lugar cando pase esta semana por este lugar para ver que cambios hai.
Labels: etnografia III
Pelo da raposa e demáis
Â
O aniversario da avoaM e Celia é bo para que Leo desfrute da piscina de Barbie, da manga de auga, dos chafarises en Melgaço e do parque do rÃo do Porto. Eu aprendÃn o nome do pelo da raposa e
os seus sinónimos, comprobei que as galiñas e os pitos van comendo o millo do canastro e que a roupa tendida co canastro no fundo non fan mala fotografÃa.
Labels: familia II, lingua IV, natureza III
Aproveitando a praia
Â

Onte ata o coche desfrutou de sombra e esta vista por só dous euros. Recupereinos cando fun mercar bebidas a un bar que rexentaba un dobre de Julio Iglesias que tiña unha foto preciosa da
illa de Toralla antes do rañaceos. Digo que os recuperei porque me convidou o novo dono que coñecÃa dun curso. Chámase Lucio, non se parece a Julio Iglesias, ensinaba taichi e cambiou de sector pola crise.
Hoxe xa desbordaba a praia coa xente e os coches e o noso houbo que aparcalo ao sol pagando o mesmo. Iso si, a auga estaba máis morniña e apetecible que nunca.
Labels: natureza III
LÃrica no diccionario
Â

Fedellando por aà adiante topei
este posteo onde me decatei da beleza que ten a definición da palabra paisaxe en portugués.
Paisagem: (do fr. paysage) Espaço de terreno que se abrange num lance de vista.
A autora engade dúas frases preciosas:
Desengane-se então, quem julga que a paisagem não é uma invenção do homem.
Foi a invenção da paisagem que reconciliou o homem com a natureza.
En galego non queda atrás. Paisaxe, s. f. Extensión de terreo que se abrangue á vista considerada no seu aspecto artÃstico.
Na foto sae a paisaxe que se admira dende a Refontán en Arbo.
Labels: arbo I, natureza III
Para pensar e non rir
Â

En abril fixen esta foto a menos dun quilómetro de onde vivo e, no primeiro, fÃxome gracia pero pensei un pouco e decátome de que quen o puxo quere sacar da ignorancia polas boas ao ” apañador ” descoñecido.
Labels: curiosidades IV
AntÃtese nativa
Â

Andar nisto dos blogos ten os seus premios e asà o amigo Manuel L. Rodrigues mandoume o seu poemario ” AntÃtese nativa “. Tamén me mandou unhas palabras que rematan asÃ: ” Sen mais, agardo goste do poemario. Como ben sabe; cando unha obra de arte inicia o voo deixa de pertencer ao seu autor para trocarse propiedade de aquel ou aquela que o desexe ter entre as súas mans. Conseguido este logro; eu, persoalmente, declárome satisfeito.
Unha forte aperta.
… e dalle saúdos ao Leo da miña parte. “
E eu, como novo propietario, vou pasar a desfrutar da súa leitura.
Graciñas, Manuel.
Labels: interrede III, lecturas
Pingando area
Â

Hoxe tocou praia por fin !.
Para mercar unhas empanadillas para xantar tardei muito pero polo menos aprendÃn un truco para cortar tortas: hai que pasar o cuitelo por auga mui quente antes e asà cortas o que sexa sen desfacer nada. Na praia habÃa un chisco de boira pero estábase ben: o Leo xogou coa area seca, coa area mollada e coas ondas que non lles ten medo. Tamén gozou dunha poza de auga quentada polo sol e pingou area do mesmo xeito que sae na foto. Logo foi metelo no coche de volta para a casa e quedar espichado a durmir.
Hai que aproveitar o bo tempo cando vén !.
Labels: curiosidades IV, leo IV, natureza III
Leo sen escola
Â

O Leo quedou sen cole porque ten deficiencias que non se poden consentir. Non é lóxico que non teña calefacción nin aire acondicionado, que haxan humidades e pingueiras, que non funcionen billas nin cisternas, que o chan sexa esvaradizo e frÃo na zona dos bebés que agatañan, que non se poida separar o bebé que dorme do que está a xogar, que teña un patio de xogo con ratas, gatos e herbas máis altas ca os propios nenos, que tódolos luns teñan que recoller as cuidadoras cascos de botella, lixo e cristais que deixan os botelloneiros que entran no patio polo valado, que non renoven xoguetes dende hai dez anos, etc, etc.
Odio o politequeo barato de calquera cor que se apunta a fotos e promesas e logo non se fai responsable de nada e especialmente do primeiriño que hai neste mundo que son os nenos.
Quero darlle as gracias ás cuidadoras que fixeron case milagres nesta tempada, que puxeron da súa parte o seu saber, cariño e apoio e que case conseguiron acabar este curso sen que houbesen desgrazas.
Agora espero que amañen o asunto entre todos e que isto non volva pasar nin aquà nin en ningún sitio.
Labels: vilaguindastre II
Corenta de maio
Â

Un que sei eu estreou coche o corenta de maio pero no canto de quitar o saio metéronlle no coche novo do trinque un allo. Din que é para evitar envexas e mala sorte. A min séguenme facendo gracia que perduren estas crenzas tan antigas neste tempo de motores de dezaséis válvulas.
Labels: etnografia III
Rimbombancias e pinicos
Â

Vivimos nunha sociedade mui dada ás grandes palabras ocas de significado ou cun significado escuro e asà hai unha furgoneta veciña con este nome de empresa que non me di nada: Globalización de servicios integrales; e logo vén pintada cuns peixes voando entre árbores. Se alguén comentarista sabe algo que mo explique.
Asà tamén teño un compañeiro de verbo vacio e fácil que cre na teorÃa creacionista e escribe ” agua ” con diérese, aparte doutras mostras de saber barato. Cre que vai ir ao paraÃso e, de feito, está collendo práctica porque é un mangoeiro que non pega pau na auga. Pero hoxe sorprendeume coa última porque dicÃa que nas manifestacións do metal os vándalos aprenderon de Kale Borroka. Eu fixen o parvo e pregunteille que era iso e el iluminoume dicindo que Kale Borroka é unha organización proetarra onde aprenden a luitar contra a policÃa. Nada, que é millor deixalo desbarrar.
A boa noticia de hoxe foi que o Leo pediu para mexar no pinico e mexou nel por primeira vez !. Supoño que o dÃa de chuvia axudou bastante.
Labels: curiosidades IV, leo IV, personaxes II, traballo II
Ensinando o que sei
Â

Onte pasamos o Leo máis eu por diante deste graffitti nunha parede veciña e dÃxenlle que era DalÃ. Gústame ensinar o que sei e procuro facelo. Fálolle en galego porque non teño dúbidas de que vai aprender castelán pero non quero que se extrañe de oÃr falar galego. Hoxe xogaba coa curmá no parque da praza da Miñoca en Vigo e apareceu unha amiga dela. Oiu que a curmá falaba no seu galego co Leo ( ten muitÃsimo mérito que lle pon gañas ) e preguntoulle con extrañeza e polo baixo: – Oye, tu primo habla en gallego ?. Ela non contestou e eu quedei pendiente de como acababa o asunto. Ao final a nena recuperouse da súa extrañeza e púxose a falar no seu galego con Leo coma se fose un xogo. Aledeime de que o asunto rematase asà e non houbese burlas nin malas historias porque non aguantarÃa sentirme culpable por só ensinar humildemente o que sei. Espero que no futuro o Leo non me reproche nada.
Labels: lingua IV
Un chiste na xornada de reflexión
Â

Estas eleccións fanme lembrar un chiste que me contou un simpatizante de Feijoo poucos dÃas despóis de gañar este as últimas eleccións á Xunta. Resulta que cando se enteirou o president de Catalunya da victoria de Feijoo pensou que os galegos eran uns calzonazos que non tiñan o que tiñan que ter asà que quixo burlarse de Feijoo e chamouno por teléfono: – ” Ola, Feijoo. Noraboa polo resultado das eleccións. Mira; sei que tendes unha fábrica de preservativos en Santiago asà que querÃa facervos unha encarga. Os da Generalitat temos unha festa asà que quero repartir 5000 condóns pero dunha medida especial. Teñen que ter 40 cms de longo e 20 de diámetro. Mira a ver se podes conseguilos. ” Feijoo decatouse de que querÃa tomarlle o pelo asà que seguiu co conto e prometeulle os preservativos. Logo chamou á fábrica de condóns: ” – Pereira: podes facerme 5000 condóns de 40 cms de longo por 20 de diámetro ?. ” – ” Home, por poder, podo.” – ” Pois logo faimos e na caixa póslle: Condóns feitos na Galiza. Tamaño PEQUENO.”
Labels: curiosidades IV
Flatoso
Â

Leo no
blogo de Francisco Castro que hai un polÃtico basco orgulloso de non saber basco. Nos comentarios hai xente que di, mui atinadamente, que non saben como unha persoa pode estar orgullosa de ignorar algo. Por iso eu podo dicir que non me presento para as eleccións europeas ( nin gañas ) pero estou flatoso ( presumido na miña aldea ) de que sei contar ata cen en basco e de que podo bautizar algúns monecos do Leo con nomes bascos e asà a tartaruga chámase Dorti ( de dortoka, tartaruga en basco ) e o polbo chámase Oili ( de oilarra, polbo en basco ). Hai anos miña novia tiña un coelliño de peluche que tiña o nome de Untxi e non se pode negar a beleza desa palabra. Todo iso aprendino pola miña conta, como tamén a escribir no ordenador con máis de dous dedos e aÃnda non estou contento de todo porque aÃnda teño que mirar algunhas técolas de cando en vez e non sei tanto basco como quererÃa.
Pero non hai problema: supoño que poderei seguir ” colexiándome ” no tempo libre que me deixe o parlamento europeo.
Labels: interrede III, lingua IV
Unha flor nova
Â

Esta fin de semana tan calorosa foi de redescubertas para o Leo. Volveu bañarse na auga do mar despóis de case un ano e volveu bañarse nunha piscina. Tamén parece que lle abren o apetito estas calores e que o poñen máis ” eléctrico “. Pola miña banda descubrÃn ou, máis ben, fÃxenlle caso ás flores de kiwi como a que aquà retrato. Tamén intento fotografar
abellóns pero non se deixan.
Labels: leo IV, natureza III
Esta anotación enviouse
o sábado 4 de xullo de 2009 ás 12:07 am e pertence á categoria Sen clasificar.
Podes seguir as respostas empregando a semente RSS 2.0 .
Podes deixar unha resposta, ou rastro (trackback) desde a tua web.