abril 2012

27 Abril 2012

#navbar-iframe { display:block }
#b-navbar{white-space:nowrap;color:#fff;height:29px;border-bottom:1px solid #024;background:transparent;font-size:13px;font-family:Arial,Sans-serif}#b-navbar #b-navbar-bg{position:absolute;left:0;top:0;width:100%;height:30px;z-index:-1;background-color:#036;opacity:1.0;filter:alpha(opacity=100)}#b-navbar-fg{padding:4px 1em 3px 0}#b-navbar-controls{margin-left:.2em}#b-navbar #b-navbar-logo{display:block;margin-right:8px;margin-left:8px;width:20px;height:20px;background:url('http://img1.blogblog.com/img/navbar/icons_orange.png') no-repeat -26px 0;cursor:pointer;cursor:hand}#b-navbar #b-query-box{background-color:#fff;margin:0 .5em 0 0;border:1px solid #014;border-radius:3px;-moz-border-radius:3px;-webkit-border-radius:3px;padding:0 .3em}#b-navbar #b-query-icon{display:block;width:13px;height:13px;cursor:pointer;cursor:hand;background:url('http://img1.blogblog.com/img/navbar/icons_orange.png') no-repeat 0 0}#b-navbar #b-query-icon:hover{background:url('http://img1.blogblog.com/img/navbar/icons_orange.png') no-repeat -13px 0}#b-navbar #b-query{font-size:13px;color:#000;background-color:transparent;border:none;width:10em;margin:0}#b-navbar .b-link,#b-navbar #b-user{font-size:13px;vertical-align:middle;padding:0 .4em}#b-navbar .b-link{color:#9cf;text-decoration:none;white-space:nowrap;cursor:pointer;cursor:hand}#b-navbar .b-link:hover{color:#fff;text-decoration:underline}#bt-unflag-body{display:none}#flagi,#unflagi{display:none;top:3px;color:#000;background-color:#ff9;border:1px solid #333;z-index:300;padding:4px;font-size:.7em;line-height:.8em}#flagi a,#unflagi a{color:#3366cc;text-decoration:underline}.b-mobile{display:none}#b-sms{margin:0 0 0 100px;padding:4px 7px;line-height:1em;font-size:100%;text-align:left}#b-sms a{margin-right:.5em;line-height:1em}#b-sms a:hover{text-decoration:underline}@media handheld{body .b-mobile{display:block}body #b-navbar-fg,body #flagi,body #unflagi{display:none}}
<!--
/*
-----------------------------------------------
Blogger Template Style
Name: Son of Moto (Mean Green Blogging Machine variation)
Date: 23 Feb 2004
Updated by: Blogger Team
----------------------------------------------- */
/* Variable definitions
====================

*/
/* Primary layout */
body {
margin: 0;
padding: 0;
border: 0;
text-align: center;
color: #555544;
background: #692 url(http://www.blogblog.com/moto_son/outerwrap.gif) top center repeat-y;
font-size: small;
}
img {
border: 0;
display: block;
}
.clear {
clear: both;
}
/* Wrapper */
#outer-wrapper {
margin: 0 auto;
border: 0;
width: 692px;
text-align: left;
background: #ffffff url(http://www.blogblog.com/moto_son/innerwrap.gif) top right repeat-y;
font: normal normal 100% tahoma, 'Trebuchet MS', lucida, helvetica, sans-serif;
}
/* Header */
#header-wrapper {
background: #8b2 url(http://www.blogblog.com/moto_son/headbotborder.gif) bottom left repeat-x;
margin: 0 auto;
padding-top: 0;
padding-right: 0;
padding-bottom: 15px;
padding-left: 0;
border: 0;
}
#header h1 {
text-align: left;
font-size: 200%;
color: #ffffee;
margin: 0;
padding-top: 15px;
padding-right: 20px;
padding-bottom: 0;
padding-left: 20px;
background-image: url(http://www.blogblog.com/moto_son/topper.gif);
background-repeat: repeat-x;
background-position: top left;
}
h1 a, h1 a:link, h1 a:visited {
color: #ffffee;
}
#header .description {
font-size: 110%;
text-align: left;
padding-top: 3px;
padding-right: 20px;
padding-bottom: 10px;
padding-left: 23px;
margin: 0;
line-height:140%;
color: #ffffee;
}
/* Inner layout */
#content-wrapper {
padding: 0 16px;
}
#main {
width: 400px;
float: left;
word-wrap: break-word; /* fix for long text breaking sidebar float in IE */
overflow: hidden; /* fix for long non-text content breaking IE sidebar float */
}
#sidebar {
width: 226px;
float: right;
color: #555544;
word-wrap: break-word; /* fix for long text breaking sidebar float in IE */
overflow: hidden; /* fix for long non-text content breaking IE sidebar float */
}
/* Bottom layout */
#footer {
clear: left;
margin: 0;
padding: 0 20px;
border: 0;
text-align: left;
border-top: 1px solid #f9f9f9;
}
#footer .widget {
text-align: left;
margin: 0;
padding: 10px 0;
background-color: transparent;
}
/* Default links */
a:link, a:visited {
font-weight: bold;
text-decoration: none;
color: #669922;
background: transparent;
}
a:hover {
font-weight: bold;
text-decoration: underline;
color: #88bb22;
background: transparent;
}
a:active {
font-weight : bold;
text-decoration : none;
color: #88bb22;
background: transparent;
}
/* Typography */
.main p, .sidebar p, .post-body {
line-height: 140%;
margin-top: 5px;
margin-bottom: 1em;
}
.post-body blockquote {
line-height:1.3em;
}
h2, h3, h4, h5 {
margin: 0;
padding: 0;
}
h2 {
font-size: 130%;
}
h2.date-header {
color: #555544;
}
.post h3 {
margin-top: 5px;
font-size: 120%;
}
.post-footer {
font-style: italic;
}
.sidebar h2 {
color: #555544;
}
.sidebar .widget {
margin-top: 12px;
margin-right: 0;
margin-bottom: 13px;
margin-left: 0;
padding: 0;
}
.main .widget {
margin-top: 12px;
margin-right: 0;
margin-bottom: 0;
margin-left: 0;
}
li {
line-height: 160%;
}
.sidebar ul {
margin-left: 0;
margin-top: 0;
padding-left: 0;
}
.sidebar ul li {
list-style: disc url(http://www.blogblog.com/moto_son/diamond.gif) inside;
vertical-align: top;
padding: 0;
margin: 0;
}
.widget-content {
margin-top: 0.5em;
}
/* Profile
----------------------------------------------- */
.profile-datablock {
margin-top: 3px;
margin-right: 0;
margin-bottom: 5px;
margin-left: 0;
line-height: 140%;
}
.profile-textblock {
margin-left: 0;
}
.profile-img {
float: left;
margin-top: 0;
margin-right: 5px;
margin-bottom: 5px;
margin-left: 0;
border:4px solid #8b2;
}
#comments {
border: 0;
border-top: 1px dashed #eed;
margin-top: 10px;
margin-right: 0;
margin-bottom: 0;
margin-left: 0;
padding: 0;
}
#comments h4 {
margin-top: 10px;
font-weight: normal;
font-style: italic;
text-transform: uppercase;
letter-spacing: 1px;
}
#comments dl dt {
font-weight: bold;
font-style: italic;
margin-top: 35px;
padding-top: 1px;
padding-right: 0;
padding-bottom: 0;
padding-left: 18px;
background: transparent url(http://www.blogblog.com/moto_son/commentbug.gif) top left no-repeat;
}
#comments dl dd {
padding: 0;
margin: 0;
}
.deleted-comment {
font-style:italic;
color:gray;
}
.feed-links {
clear: both;
line-height: 2.5em;
}
#blog-pager-newer-link {
float: left;
}
#blog-pager-older-link {
float: right;
}
#blog-pager {
text-align: center;
}
/** Page structure tweaks for layout editor wireframe */
body#layout #outer-wrapper {
padding-top: 0;
}
body#layout #header,
body#layout #content-wrapper,
body#layout #footer {
padding: 0;
}

-->



skip to main |
skip to sidebar

Thursday, April 26, 2012

Leo, o contista

Na imaxe está Leo mirando no cine " Lorax, en busca de la trúfula perdida ". A Leo gustoulle, e o que máis, o oso repoludo que quedaba atrás nas carreiras e arfaba cando había un pouco de movemento. E confeso que tamén me gustou a min a película pola acción, imaxinación, paisaxes e historia.
Mirámola onte e así o Leo se ergueu hoxe falando de que na terra de Jónistan ( o imperecedeiro alter ego e amigo invisible de Leo ) hai un lobo solitario e non hai abellas nin mosquitos pero si abellonas que non morden a todos senón que só pican aos malos.
Este conto ten algo da película pero a inspiración bebe de varias fontes e o lobo lémbrame o lobo Crispín que entrou na nosa casa en forma de libro onte mesmo tamén.
Está visto que outras cualidades non terá Leo pero a contista poucos lle gañan.

Tuesday, April 24, 2012

Décimo mes

A conta corre e xa imos polo décimo mes da xoubiña.
Segue feita un fervellico que non ten paraxe nin na teta nin durmindo que se destapa toda. Cando está esperta vai dun lado para outro agatañando ou apoiándose nas cousas ou das dúas mans dun adulto. Hai veces que queda solta un segundo de pé sen apoiarse pero aínda non ten a confianza para empezar a camiñar.
En canto ao comer, vai comendo enganándoa con galletas ou gusanitos para que abra a boca e así meterlle outra cousa.
Xa lle saíron dous dentes arriba: grandes e separados; e ten o mal costume de enganchalos na mesa do televisor. Estanlle asomando outros dous arriba.
De forma de ser parece alegre e curiosa de máis cos enchufes, cables, ordenadores e rodas e obxectos redondos. Gústalle a música, collerlle cousas ao irmán e xogar a cucú pero cando bota verdadeiras gargalladas é cando a perseguimos ou lle botamos a bronca.
En definitiva, esta nena non nos vai aburrir no futuro.

Monday, April 23, 2012

Para que serven os libros

Hoxe é o día do libro e pouco se pode engadir ao que din xentes máis sabias ca min.
Unha vez topei esta imaxe e encantoume porque representa claramente o que penso eu dos libros. Porque un libro para min é unha ollada ao outro lado dun muro no que nos pecha a realidade.
E agora tócame volver á realidade e buscar fotos que perdín no ordenador e creo que non atoparei. Menos mal que a inmensa maioría xa as tiña duplicadas e ata triplicadas !.

Friday, April 20, 2012

Indo e vindo

Hai xente que non lle mira validez e posibilidades ao idioma galego nesta sociedade actual e eu non estou de acordo. Sempre me gustaron as ideas orixinais e iso de pórlle o nome Irevir a unha empresa de mensaxería urxente paréceme caralludo.
Tamén me gustan os dicionarios e a historia que traen detrás as palabras así que ligo aquí o Disionario da Revolusionaria Academia Morrasense da Lingua ( morrasense-jodechincho ).
Que o desfrutes coma min !.
Non deixes de botarlle unha ollada na ligazón ao vídeo Os Jodechinchos: son tres minutos divertidos.

Tuesday, April 17, 2012

A miña heroína

A miña heroína non é lady Gaga senón lady Gu-Gún que é o grito de guerra de Xela cando quere algo.
Estes días empeza a soltarse das dúas mans estando de pé e non ten medo. O sitio preferido é onda o botixo da cociña: apóiase nel coas dúas mans, logo solta unha e logo a outra e queda uns instantes así.
E hoxe deixoume abraiado cando eu lle ensinaba unha peza dun xogo de construción cun color e forma determinados e logo metíaa na caixa con outras pezas. Pedíalla a Xela e Xela devolvíame a mesma peza.
Unha nena así ten que ser a miña heroína á forza.

Monday, April 16, 2012

Héroes

Héroe é unha persoa que non se rende á maioría e ten claras as ideas tanto na mente coma no corazón coma August Landmesser que casou cunha xudía e negouse a saudar a Hitler en plena euforia nazi.
Un héroe tamén pode ser un xubilado que prefire suicidarse diante do seu goberno antes que andar a remexer no lixo para poder comer como foi o caso de Dimitris Christoulas.
Para min matar osos borrachos ou elefantes a distancia non é cousa de héroes.
Deixo unha foto dun arco do trono adicada a tantos e tantos héroes de cada día que buscan o pan de forma honrada.

Sunday, April 15, 2012

Auga de bacallao

O outro día aprendín unha expresión e non quero que se perda pola miña parte así que a poño aquí. Resulta que avóM quería cambiar un terreo coa xunta de montes e foi á reunión. Á volta a avoaM preguntoulle pesimista: " Que, o do cambio ó final quedou en aghua de bacallao ? ".
Esta expresión significa que algo que se planeaba queda en nada. Preguntei ao señor Google acerca desta expresión e descubrín que sae na wikipedia. Tamén descubrín que é unha frase feita da que gusta especialmente algún periodista e incluso atopeina como tradución da expresión española " quedar en agua de castañas " que oportunamente retrato arriba a falta dun retrato de auga de bacallao.
Espero que este posteo non quede en auga de bacallao e que aproveites esta frase no futuro.

Saturday, April 7, 2012

Leo e o amor

O Leo leva un tempo un pouco repugnante no trato pero ten días gloriosos que borran eses malos momentos. Encántame cando me colle por banda e mándame facer deberes. Colle un folio reutilizado e mándame en plan profesor escribir palabras ou números ou debuxar algo. Eu sempre lle pido que sexan fáciles de facer e que me axude e el faino todo cheo de razón.
Onte cambiou de xogo e púxose a clasificar fotos imprimidas e topou a que subo no posteo que é do ano pasado. Entón explicou: " Aquí estamos Pascuala i eu facendo o amor ". Eu pregunteille que era iso e el respondeume: " É dar bicos, abrazos e chocar a man ".
Pero cando me fixo gracia de verdade foi o día que dixo que tiña novia no cole: " A miña novia é Uxía ". Eu, sabendo como son estes amores, pregunteille cun chisco de malicia: " E ela sábeo ? " ao que el retrucou: " Non, aínda non sabe que é miña ".

Thursday, April 5, 2012

Vivenzo

Cando arderon as fragas do Eume parei a matinar no que se está perdendo co paso do tempo e decidín visitar Vivenzo antes de que desapareza o que fai diferente a esta aldea.
Vivenzo está no final dunha estrada que vai cara á montaña en Melón, Ourense. A entrada é en Quins onde hai bos exemplos de construcións típicas. Logo hai que pasar por Negrelle onde tamén hai un campo de canastros rectangulares comúns. Despóis de seis quilómetros dunha estrada sinuosa e con carteis anunciando caza permanente chego a Vivenzo.
Onde está a marquesina da entrada deixo o coche e tiro pola ruela central. A aldeíña está chea de cans de caza amistosos coas visitas e con muitas botellas de auga penduradas ao lado das portas para que non mexen alí os cans. Ao chegar arriba tiro pola dereita e chego ao campo dos cabaceiros. Este ano comprobei que os cabaceiros redondos son cada vez menos e están máis deteriorados. Só un deles tiña millo.
Estes cabaceiros son curiosos para min porque son baixos, a base sostida por tres pés é unha pedra redonda coma un tornarratos grande. Logo hai un armazón de catro madeiras que sosteñen o propio cabaceiro. As paredes son de xesta e o teito de palla centea. Os veciños intentaron restaurar os cabaceiros hai anos pero a palla que tiña que vir de Lugo nunca apareceu.

Aparte dos cabaceiros hai outra curiosidade como é a existencia dun camiño con varios galpóns para carros e algúns destes galpóns chegan a ter ata dous carros e muitos eixos e rodas soltas. Estes son os galpóns de sempre porque na entrada da aldea os veciños fixeron uns galpóns modernos que xa son garaxes para coches e tractores.
Tamén na entrada hai un cruceiro cunha imaxe de san Bernabé e unha mesa de pedra onde di misa o cura ao aire libre para os doce ou trece veciños que quedan.

E isto é Vivenzo; unha aldea con xente con gañas de falar e que é un exemplo aínda vivo da Galicia rural de hai trinta anos.

Sunday, April 1, 2012

Arden as fragas do Eume

Mentres eu paseaba onte polo río Tea e fotografaba esta insua bucólica, ardían as fragas do Eume. Hoxe estou a escribir e seguen a arder. Sempre lamentarei non telas visitado antes. O pior de todo é que non sei se os meus fillos terán a sorte de visitalas algunha vez co esplendor de antes.

 



marzo 2012

22 Abril 2012


Wednesday, March 28, 2012

29 de marzo

Un simple obreiro ten poucas oportunidades reais de facer historia e unha delas é facendo manifestacións e folga xunto cos demais. Sabemos que esta folga de pouco ha valer pero teremos a conciencia tranquila por facer o correcto. Porque o que temos hoxe non é regalo dos empresarios ou do estado; é gañancia dos traballadores que luitaron polo que temos. Non están os tempos para arriscar o posto de traballo pero tamén hai que saber dicir » Non » cando é non.
A imaxe collina da rede e tiña outra data. O texto di: » Estamos en folga xeral. Facer folga axúdache seriamente a ti e aos que te arrodean «.

Sunday, March 25, 2012

Kommunikation ist Alles

Esta fin de semana tocou cambio de hora cos seus trastornos engadidos cos horarios dos nenos, as comidas e a hora de durmir. Tamén hai que buscar reloxios por toda a casa e no coche e menos mal que algúns cambian de hora por si sós.
Isto faime lembrar a historia que lle pasou a un compañeiro xubilado do choio. Un ano esqueceu adiantar a hora do reloxio e chegou tarde ao traballo. No ano seguinte lembrou de cambiar a hora e cambiou o espertador pero non llo dixo á muller. A muller sabía o despistado que era o home así que ela adiantou outra hora máis o reloxio que xa estaba posto na nova hora e non lle dixo nada ao home. Cando espertou o home foi ao traballo todo convencido de que ía na hora pero chegou e non había ninguén. Alá quedou el matinando sobre se sería festivo local ou algo así ata que dalí a unha hora foron aparecendo compañeiros que viñan na hora boa porque el chegara unha hora antes.
Por iso titulo eu este posteo coa frase: a comunicación é todo.

Saturday, March 24, 2012

Noveno mes

Aquí está a macaquiña da casa no seu noveno mes. Segue activísima e espabilada. Agataña sen medo por todas partes e se lle dis que non toque ou faga algo; ela ri, arrandea a cabeza dicindo que non e fai o que lle peta. Levántase agarrándose a mobles ou a unha perna nosa e sóltase dunha man e todo. Non empezou a andar pero pouco lle ha de faltar. Segue cos seus dentes de abaixo e mete muito o polegar esquerdo na boca para todo.Supoñemos que ten os dentes de arriba para saír e non a deixan tranquila. Di muito » papapapa «,» babababa » e «mamamama » sobre todo para pedir ou protestar por algo. No comer é de baixo mantemento que non lle encanta nada en concreto e hai que facerlle mil historias para que coma algo.
E a conta segue.

Tuesday, March 20, 2012

Travesía de las Necesidades

O outro día enteireime de que Google Maps ampliou bastante a área que recolle e fun dar un » paseo » por Vilaguindastre adiante. Descubrín algunhas persoas veciñas, constatei a evolución dalgunhas obras porque hai fotos de datas distintas e por eso mesmo tiven a posibilidade case máxica de ver o meu coche en dous sitios distintos: aparcado diante da vivenda e diante do traballo.
O máis curioso foi que descubrín unha calexa cun nome rechamante e pintoresco que é a Travesía de las Necesidades. O que non sei eu é que necesidades poden ser esas para seren satisfeitas nun calexón privado. Investiguei en Google Maps a ver se existían máis travesías de necesidades no mundo pero só Vilaguindastre ten o dubidoso mérito de ter un lugar con tal nome.

Monday, March 19, 2012

O señor das lampreas

Hoxe é o día do pai e non debín de ser mui malo que recibín uns agasallos marabillosos. O Leo deume un peixe-chaveiro cunha caixa de papel e unha careta e ademáis recibín unha entrada para ver Les Luthiers en directo.
O avóM gusta máis de celebrar os acontecementos cunha boa lampreada. Este ano tívoo bastante difícil que non chove e o río non leva auga e non se pescan apenas lampreas. Isto non sería obstáculo para o señor das lampreas; un home que xa se retirou e que adicou toda a súa vida á pesca no río Miño. Eu sei mui pouco del pero hai dous detalles que me quedaron na chencha.
Un é que coñecía tan ben o río, os seus remansos, os seus rápidos, os caveiros onde poñen os ovos as lampreas e todo; que a Guardia Civil chamábano sempre que desaparecía unha persoa no río que el sabía onde ía acabar flotando o cadáver.
O outro detalle era que dicía que o frío do río era bo para a fertilidade, que » peghan » ben os bichiños que ten o home. E debía de ser certo porque despois de pasar a noite no río entraba co frío no corpo na cama, arrimábase á muller e case sempre empreñaba que remataron tendo un feixe de fillos ao longo da vida.
Pois iso, feliz día do pai con lampreas ou sen elas !.

Saturday, March 17, 2012

O Jolivú


Estes días pasados tivemos na empresa uns técnicos vidos de Zaragoza. Como trato de tirarlle parecido a todo quisque estes dous tíñanme un parecido razonable con actores. Un semellábame a Benny Hill pero máis novo, claro. O compañeiro lembrábame a Adriano Celentano pero cunha tatuaxe de Héroes no brazo.
E falando dese mundo dos artistas isto todo faime lembrar a un compañeiro que tiven na Citroen. Era un home que levaba sempre unha botella de medio litro de viño no peto da camisa, na hora do taco sempre traía comida fría da casa nunha tarteira e era bastante patoso traballando que se ensuciaba máis ca os novatos e así levaba unha capa de papel estilo superhéroe para non emporcarse de pintura. Tiña un falar serio e sempre botaba pestes á empresa. Acostumaba dicir: » Isto non é Jolivú que isto é a Sitroén, carallo «. Daí xurdiu a nomeada de Jolivú que lembrei estes días.

Friday, March 16, 2012

Fame blanca

O Leo está pasando unha mala época con mimos e contestando mal. Non sabemos o que lle pasa que sempre di » mentiroso «, » seta » ou » y a mi que me importa » e varía a tontería duns días para outros. Supoñemos que serán ciumes da irmá e que se lle irán pasando… ou indo a máis, quen sabe ?. Tamén o pasou mal ultimamente porque ten unha moa picada. Non comía nada e espertaba de noite coa dor. Onte foi ao dentista e púxolle un empaste temporal e o Leo recuperou bo humor e apetito. Non é que agora teña fame negra pero vai comendo e así o Leo di: » Hoxe non teño fame; teño » fame blanca «.
Deixo unha foto dese pirata que nos rouba corazón e que nos dá malos e bos momentos.

Sunday, March 11, 2012

Cambio de turno

Pasei catro semanas traballando en turno de noite e sen muito tempo nin gañas para escribir no blogo. Agora toca cambio de turno e a ver se escribo máis. E para volver falo da descuberta dun blogo de Londres en galego e ligo a versión do conto do lobo e os sete cabritiños en galego do neno Brian e que me fai lembrar as historias que monta o meu Leíño.
A maiores engado unha foto no posteo que mostra a ironía dos veciños do edificio onde durmín estes días.

Sunday, March 4, 2012

Festas de sempre

Por estes lares estamos en festas e no luminoso da entrada teñen un toque actualísimo co punteiro estilo ordenador. Na música atronadora seguen co estilo invariable de toda a vida con cumbias, pasodobles, rancheras e demáis músicas vacilonas e bailonas de hai cincuenta anos para acá. Nestas festas podemos topar verdadeiros héroes como os rosquilleiros ou a banda de música que desfila imperturbable baixo a chuvia sen ninguén que os vexa polo camiño. Tamén descubrín que hai unha » Cumbia del cucumelo « que me espertou a orella filolóxica e tiven que aclarar na interrede o significado dese » cucumelo «. Outro asunto é que hai rancheras como » Mátalas « que non sei como as seguen cantando nestes tempos onde o » crime pasional » está tan mal visto con toda a razón do mundo.
En fin, visto o visto non hai nada novo baixo o sol.

 


febreiro 2012

 Monday, February 27, 2012

Anécdotas do Sergas

Hai tempo lin que o Sergas organizara un concurso de anécdotas e foron ao humor facilón e infantil que menospreza a fala da xente que non ten que ver co mundiño profisional médico.
Aquí copio e pego algo:-Butano: “Box de Urgencias. Anamnesis del facultativo a un EPOC severo: -Y dígame, usted tiene oxígeno en casa? Y responde el acompañante: -Ai, non, nós na casa temos butano”.

-Mamadafría: “Estando en el mostrador de cita especializada se acerca un hombre seguido de su mujer y me dice: ´A ver, que veño ca muller do ginecólogo e dixo que lle hai que facer unha mamadafría`. En principio no supe ubicar la prueba a la que se refería, pero al instante se me iluminó la bombilla y dije: ´¿una mamografía?, si eso eso, pero que seña pronto. Bestial!!! (…). Me tuve que levantar para buscar el documento correspondiente (y partirme el culo de risa de paso, jejejeje)”.


E como estamos aquí todos para rir eu contribúo a ese concurso de anécdotas coa foto que demostra que os libros do centro de saúde de Vilaguindastre teñen vida propia. Iso si que é unha boa anécdota !.

Saturday, February 25, 2012

Oitavo mes ( e máis un día )

A xoubiña fixo o seu oitavo mes de vida e siga cunha vitalidade imparable. Agora agataña a toda velocidade detrás de todo o que se mova. Pasou de estar sentada a agatañar rapidamente e sen pasar pola etapa de agatumar ( gatexar co corpo pegado ao chan ). Agora volve meter o polegar esquerdo na boca mesmo xogando con algo na outra man. Hai veces que lle pomos un calcetín na man esquerda para que deixe o dedo tranquilo un momento. Todo debe de ser pola dor de enxivas que lle estarán a nacer máis dentes aparte dos dous que ten. Progresou no » falar » e deixou de fungar tanto coa boca fechada e pasou a gaguexar muito tempo. Imita os movementos de cabeza para dicir non e ri cando lle rin. Vai comendo unhas veces mal e outras millor e segue coa teta. É mui curiosa e dorme ben agora de noite que aí atrás estivo atascada de mocos e espertaba cada pouco.
E segue a conta.

Wednesday, February 22, 2012

De entruido

Como a vida tamén ten momentos de lecer aquí estamos preparados para o entruido. O Leo de Pinocho, Xela de bailarina e o menda de viquingo cos cornos plásticos máis grandes de Vilaguindastre. A fotógrafa ía de pallaza.
Este ano non me metín con ninguén anque uns nenos piratas, mosqueteiros e cabaleiros medievais querían luitar contra min.

Monday, February 20, 2012

Manifestándose


Anque vai valer de pouco xuntámonos muitos para dicir que non estamos de acordo coa reforma laboral.
Como estamos en pleno entruido algunha xente aproveitou para disfrazarse e darlle un toque distinto á protesta.

Saturday, February 18, 2012

Agatañando

Aquí temos á artista da casa. Agora colleu mobilidade e non hai quen a deteña. O día dos enamorados empezou a agatañar e percorre todo o que ten arredor. Os enchufes e cables son imáns para ela así como as sillas, as esquinas das paredes e un tope da porta do chan que non hai millor xoguete para ela. Está espabiladísima e non hai quen a pare. E aínda non ten oito meses !.

Friday, February 10, 2012

Ser famoso

Eu nunca envexei a fama de ninguén porque todos temos a nosa vida e non todo o mundo ten que enteirarse se un ten caries, está de baixa ou lle fan unha colonoscopia, por exemplo. Hai outros famosos que dan pé para facer monecos de guiñol con eles no estranxeiro e levantan polémica. A min iso non me encomodaría. O que si me fastidiaría é que fixesen un desatascador coa miña imaxe como fixeron uns coa imaxe da famosa Lola Flores, quediolateñanaghloria. Iso si que é grave e atenta contra a persoa.

Tuesday, February 7, 2012

Para quedar conxelado

Como fai frío estes días ando rebuscando na roupa de abrigo e topei nun peto este papel do ano pasado. Supoño que o gardei para os días de calor; para ler ese «coleguio» e quedar conxelado no momento.

Saturday, February 4, 2012

Inocencia

Pasa o tempo por riba de todos e fainos adultos e un chisco ruins. Sempre lembrarei a inocencia de Leo preparando o agasallo para o décimo terceiro aniversario dun curmán. Preparoulle con toda a ilusión os números escritos do un ata o trece en folios para colorear.
Encántame esa inocencia !. Que tarde en perdela !.

Friday, February 3, 2012

Bilingüismo en Zara

Zara HOME, A Coruña, Spain
This travel blog photo’s source is TravelPod page: My First Critic Writing

O outro día fun a unha tenda de Zara e hai que ver que son tan bilingües que dan lugar a equívocos. Se vas a Zara Home non hai cousas para homes senón cousas do fogar. Non se che ocorra ir mercar manoplas, aneis ou reloxios a Zara Man que non ten nada que ver coa extremidade do corpo. Se entras pola tenda non lle fagas caso aos manequíns que levan camisolas coa palabra » Sale » que semella que che ordean saír nada máis entrar. Iso si, hai unha empregada que seguro que a contrataron polo seu nome. Chámase Jessi, ou sexa: Yes-Si.

Menos mal que rematan as rebaixas e así non me van saír posteos tan chorras coma este.

Wednesday, February 1, 2012

Burlando a lei

Nestes últimos tempos teñen aparecido por Vilaguindastre carteis proibindo » pegar carteis e facer pintadas «. Eu descubrín o carteliño curioso da foto e pregunteime a quen se denunciaría esta burla da lei. Supoño que acabarían denunciando a Deus que non é a primeira vez que se denuncia que xa o fixo o rumano Pavel M. cando demandou a Deus por deixalo caír nas mans do Demo e así acabou sendo malo.

xaneiro 2012

9 Febreiro 2012



Monday, January 30, 2012

Día escolar da paz

Hoxe é o día escolar da paz e non podo deixar atrás esta imaxe.
O terreo que retrato era un campo de prácticas de tiro da Garda Civil e agora está inutilizado. Á súa beira construiron un colexio e no terreo do campo de tiro naceron «Cortaderias selloanas» onde antes caían casquillos de balas. Sei que esa pranta orixinaria das Pampas é unha praga pero sempre será millor cambiar armas por prantas.

Sunday, January 29, 2012

Achar de menos


Pasará o tempo e sei que acharei de menos estas mañás de domingo cos catro da familia na cama e máis tarde os nenos a xogaren mentres o sol recén nacido inunda o salón.
O tempo voa !.

Thursday, January 26, 2012

Mandarinas e » degholados «

Estamos no inverno e na época de kiwis, laranxas e mandarinas ou tanxerinas. Esta fruita da casa é deliciosa, está mui ben de prezo e sabes que non ten trapallada. Pero este inverno vén mui seco e nótase nas hortalizas e así andan os repolos » degholados «. Aprendín esta palabra esta fin de semana pasada e significa repolos coas follas caídas da seca.
A ver se vén algunha chuviña para que recuperen a forma os repolos.

Wednesday, January 25, 2012

Sabíao

Cando fixen esta foto na empresa hai case un ano xa cheiraba eu que o vello ascensor habería de deixar encerrado a alguén.E, efectivamente, esta noite pasada un compañeiro pasou dúas horas dentro del. Hoxe estaban amañando o ditoso aparello e tiven que subir e baixar varias veces pola escaleira o equivalente a un décimo piso. Gobernárono alá polas doce pero eu seguín subindo e baixando un par de ocasións. O cartel di que se impida que os nenos viaxen sós pero eu son maior e tampouco quería quedar encerrado e prefiro que proben outros estas vintecatro horas seguintes. Ti farías o mesmo, nonsí ?.
Por certo, como variou a moda nestes trinta e cinco anos.

Tuesday, January 24, 2012

Sétimo mes

Aquí está Xela nun momento tranquilo. É raro que estea quieta: quere coller todo e luita por levantarse de todos os lugares. Só está tranquila cando mira debuxos animados ou o Cantajuego na tele. O resto do tempo está activa ata tomando teta. Segue cos dous sachiños de abaixo e quere rillar todo canto colle. Mantense ben sentada e ata se desplaza coas pernas dobradas e agarra todo ben. Toca palmiñas e ata hai veces que di abur coas mans. Gústanlle as cóxegas no pescozo e que lle canten. Come ben a verdura e coa fruita pouco a pouco vai entrando polo aro. Hoxe comeu por primeira vez pólo e non lle chistou, anque tamén pode ser polo porro ( de comer, está claro ).
E a nena vai medrando.

Saturday, January 21, 2012

Islandof

Islandof case semella humano. Gústalle comer e máis se é polo papo. Gústalle cruzarse con membros doutro sexo anque pensase que en Cuba andarían detrás do seu corpo e non detrás da súa faltriqueira. Gústalle o cazo e máis a dúas mans e sen achantar. É trampulleiro, trapalleiro, faltón, botaporelas, peneque e mafioso. Case semella humano se non fose polos resultados médicos. Deulle o dobre de colesterol e sete veces o número de triglicéridos e os médicos quedan abraiados co que ten que aturar o seu corazón. Eu deille o consello de que se cuidase que é gratis e dime que a auga é mala que hai que mirar como deixa os camiños.
Alá el que xa é maiorciño !.

Saturday, January 14, 2012

Xaneiro lixeiro


Corre lixeiro este mes e xa case esquecemos as festas de Nadal.
O Leo tivo os seus altibaixos no comportamento nas vacacións pero aínda recibiu agasallos do rei da madeira ( como chama ao Apalpador ) e dos Reis Magos.
Agora semella que asentou un pouco e aparenta un homiño.Xela está activísima. Saíronlle os dous sachiños de abaixo e hai algún outro dente que a fai rabear e que meta todo na boca. Non ten paraxe e hai que cambiala de sitio e de actividade. Empezou coas verduras e gústanlle máis que a froita. Estivo bastante atascada de moquiños aí atrás pero millorou. Mantense sentada a ata di abur fechando as mans.


E co ano novo todo evoluciona e ata atopo que o galego se está arxentinizando un pouco nos folletos de mobles.

E segue este xaneiro lixeiro.

Monday, January 2, 2012

Nestes pasados días

O venres fomos xantar ao fin do Morrazo, alá en Donón e a comida estivo mui ben e houbo agasallos do Papa Noel que deixou en Marín e Madrid. Entrounos polo ollo probar unha empanada de navallas pero levamos a desilusión de que levaba tamén chourizo.
Despóis eu e máis Leo desfrutamos do concerto de Mamacabra.O primeiro día do ano foi triste porque atropellaron a Colín e alá foi na súa derradeira viaxe este canciño que nos deu tan bos momentos.


Quero lembralo nos seus millores momentos cando era novo.

Gozaba xogando coa neve ou coa area.


Non gardaba respeito nin pola igrexa máis pequena dos Estados Unidos.


Desfrutaba cos balóns ou con luvas de látex inchadas.


Tiña curiosidade por seres descoñecidos como tartarugas e osos negros de verdade. Deste último contacto non teño foto que eu estaba a fuxir.
A súa morte deixou tristura en toda a familia.

 

decembro 2011



 

Thursday, December 29, 2011

Sobremesas de Nadal

Neste tempo temos fartura de dóces e en Arbo hai dous que non faltan estas festas. Un é a torta de roxóns que sae na foto e outras son as torradas de viño. Se queres saber como se fai a torta de roxóns hai varias receitas e podo dicir que non se nota o sabor a porco por se alguén é escrupuloso. Receita 1. Receita 2. Receita 3.
As torradas de viños son máis sinxelas de facer.

Wednesday, December 28, 2011

Badaladas con aceitunas

Nestes tempos de crise sempre admiro a xente con iniciativas boas. Este ano foi un ano de boas colleitas e á xente de aceites Abril ocorréuselles unha boa idea. Decidiron que xa estaba ben de despedir o ano comendo uvas coas badaladas e era millor despedilo comendo aceitunas que son máis pequenas e dixestibles e ademáis estas son galegas cen por cento e as uvas non. Esta empresa manda a casa un botiño con doce aceitunas sen carabuña e listas para comer e este ano, como é o primero, fano gratis. Núñez Feijoo e o seu goberno xa recibiron as súas aceitunas e tamén ti podes telas. Eu son máis tradicional e este ano sigo coas uvas. Neste enderezo indican onde podes recoller o produto.
Bo proveito !.

Saturday, December 24, 2011

Boas festas

Coa imaxe do concello iluminado quero desexar boas festas a amigos, familiares e blogueiros.
Que teñades de todo o bo a fartar !.

Sexto mes

Hoxe Xela fai os seis meses. É dona dun sorriso que asoma inmediato cando miran para ela e dun brillo de ollos marabilloso que non é doado topar outro igual. Dorme ben de noite e chupa teta toda inquieta, tirándose do pelo e patexando. A fruita non lle vai muito anque con pexego éntralle millor. Mantense ben sentada e quere coller todo o que mira diante e canto máis lonxe millor. Ten xenio porque se incomoda cando non alcanza algo. Agora empezan asomarlle as raíñas brancas dos sachiños de abaixo. Admira ao seu irmán Leo e gústalle ir a cabaliño del.
E así vai !.

Thursday, December 22, 2011

Nun tramo de estrada


Nunha costa arriba engádenlle unha letra de máis á palabra galega.
E como sempre se di que non se sabe se sobe ou baixa o galego nunha escaleira pois na mesma costa pero baixando o letreiro perde unha letra.

E, por se fose pouco; na mesma costa por unha estrada secundaria por fóra o galego ten que traducirse como se se falase cun neno: mica = me-me-me.

Sunday, December 18, 2011

Viños e comidas

Non, non estou anunciando unha casa de comidas ou un bar para camioneiros. Estou resumindo este sábado pasado cando tiven a comida de empresa onde comín muuuitas navallas que estaban gordas e saborosas e descubrín que eran muitos compañeiros os que as comían con garfo e cuitelo. Tamén bebín un viño branco Ribeiro que non estaba mal: » Terra Zelta». Nesa comida non cheguei aos postres nin aos discursos nin ao novato cantando » A Rianxeira » que tiña que ir cuns familiares a unha adega de Arbo. Alá chegamos baixo un batagada de chuvia que o curmán de Mallorca disipou con só saír do coche. Mostráronnos as instalacións e probamos un proxecto de viño escumante mentres desfrutabamos da vista outonal tralas vidreiras. Despóis fomos ata A Refontán onde se coñeceron as dúas familias e rematou algún enamorándose do xamón ecolóxico.
Foi un sábado para lembrar.

Friday, December 16, 2011

As bágoas do visgo

Di unha lenda viquinga que o día que naceu Balder, o deus do sol, en Asgard, o mundo dos deuses viquingos, foi un día de gran ledicia.
Todos os habitantes do mundo viñeron adoralo: guerreiros, campesiños, deuses e servos, animais e rochas, árbores e prantas… Alá foron todos sacando o visgo. A deusa Frigg, nai de Balder, fixo xurar a todos os presentes non mancaren nunca o seu fillo recén nado. E todo o mundo xurouno, agás o visgo.
E Balder medrou fermoso e brillante coma o sol. Co el os campos medraban máis verdes e os homes traballaban máis ledos.
Vivía alí tamén Loki, o deus das mentiras, que morría coa envexa polo seu medio irmán Balder. Tentou matalo de todos os xeitos posibles: con ponzoñas, cortándolle a cabeza ou espetándolle unha espada pero nada pasaba porque todos os obxectos xuraran non mancar a Balder. Todos, agás o visgo.
Un día Loki descubriu esta excepción e fixo unha frecha co esa pranta. A seta furou o corpo de Balder e apagouse cando caiu ao chan.
Fíxose a noite eterna en Asgard e todos foron ao funeral: guerreiros, campesiños, deuses, servos, animais, rochas, árbores, prantas.
A deusa Frigg abrazou o cadáver do fillo amado e empezou a chorar.
- Ti, visgo, que me fixeches o maior dano posible matando o meu fillo; ogallá tiveses tamén o poder de devolverlle a vida e darme a maior ledicia que se poida imaxinar.
As bágoas caíron sobre a frecha e convertéronse en pequenas pérolas brancas; tamén caíron sobre Balder que volveu brillar e ergueuse entre os mortos. Balder colleu a pranta que o matara e que tamén lle devolvera a vida e púxoa por riba da súa cabeza e observouna, coas súas follas verdes e as baguiñas brancas que xurdiron das bágoas da súa nai.
- Muitas gracias, nai -e Balder bicouna na fazula.
E dende entón, polo Nadal, é costume pendurar no limiar das portas unha póla de visgo, e que a xente que se xunte debaixo se dea un bico en lembranza desta lenda para celebrar a ledicia de volver estar xunto á familia e seres queridos.

Thursday, December 15, 2011

Amor de fillos

Eu non canto ben, máis ben canto fatal. Pero para tranquilizar a Xela cando está rallante polo sono non hai máis remedio que cantarlle. A cuitada da miña filla sorrime cando lle canto a miña versión de » A casa engraçada « e » Susanita tiene un ratón « e agradécese. Pero o outro día o Leo demostrou a onde chega o amor dun fillo cando mirou nunha tele dunha cafetería a Joaquín Sabina cantando. O neno díxome que eu cantaba millor ca el.
Non hai máis remedio que querelos !.

Wednesday, December 14, 2011

Lenda de Xixona

Estamos en tempos de turrón e non podo resistir a tentación de relatar a lenda da criación do turrón de Xixona. Seica hai un feixe de anos un rei de Xixona casou cunha moza escandinava que estaba sempre triste a pesar de que o rei lle daba todo. O rei preguntoulle o motivo e a raíña respondeulle que botaba de menos o branco das paisaxes do norte. Que fixo o rei ?. Mandou cortar as laranxeiras e o trigo da zona e plantar amendoeiras. Cando chegou a primavera os campos estaban cheos de flores brancas para ledicia da raíña e todo semellaba rematar ben. Pero chegou o fin do verán e os campesiños tiñan améndoas pero non tiñan pan por non haber trigo. Foron coas súas queixas ao rei e este chamou aos sabios da corte. Un deles deu coa solución facendo unha masa coas avelás moídas misturadas con azucre que acabou coa fame, agradou a todos e deu na criación do turrón.
O que me resultaba coñecida desta lenda é a primeira parte que descubrín hai tempo.
Sexa como sexa,a desfrutar dos dóces do Nadal !.

Tuesday, December 13, 2011

Día dos canteiros

Hoxe é santa Lucía, patroa dos canteiros e doutros profesionais onde os ollos e o sentido da vista son especialmente importantes como costureiras e oculistas.
Eu non podo esquecer o tempo que adiquei ao duro traballo da pedra e as palabras e curiosidades que aprendín. No choio non falabamos o latín dos arxinas pero si tiñamos algunhas palabriñas como » levar á meiniña » que era levar a pedra como indica o debuxo, de pe e primeiro adiantando unha esquina e logo a outra.
O debuxo pertence a un libro dun canteiro profisional que me ensinou muito e me fixo lembrar outros tempos.
Feliz día de santa Lucía !. Aquí e en Suecia, claro.

Cesta

Nestes tempos tan revoltos de crise sempre se agradece ter un salario e ter unha cesta polo Nadal que cambiou pouco con respecto ao ano pasado.
Que polo menos siga así !.

Saturday, December 10, 2011

Matanza 2011

Hoxe tocou a tradición de sempre de matar os porcos. Tocoulle a dous que eran boíños ( » Pobriños !. Que mansiños eran !. » ) dicía avoaM coma sempre. A verdade é que saen do cortello enganchados polo fuciño coma se fosen un can de paseo. Arrímanse ao banco, pasásenlle dúas cintas polo corpo e dáselle un cuarto de volta á taboa do banco e xa están listos para matar. Logo tócalles chamuscalos para queimar o pelo con fento e logo fachuqueiras de centeo e limpar con carqueixa. Na foto de hai dous anos vese ao matador arrincando as uñas do pesuño. No momento de queimar había xente que comía o rabo asado tal como estaba. Preguntei se o facían os rapaces pero dicían que non, que os rapaces collían a vexiga e inchábana coma un globo para xogaren e quedaban tristes cando rebentaba.
O traballo da matanza xa o expliquei o ano pasado e este ano foi case igual. Eu estiven salgando na salgadeira nova plástica. Este ano aprendín unha frase cando lavaban o pedro, a tripa gorda e que dicían cando un levaba o gando pouco tempo ao prado: » Pedro botello: bótase tarde, métese cedo «. Tamén aprendín que os laghartos veñen a ser os solomillos do porco e que o corazón da cebola chámase choromelo.
Falouse de todo: política, crise, pensións, veciños, roubos, etc e ata falaron dun tal Dionisio que estivo en Cuba e cando volveu dalí fuxiu para o monte para evitar que o paseasen os fascistas. Seica era un home intelixente e que fixo un casamento de comenencia que lle saíra mal e que el resumía coa frase: fun por farelo e salín enfarelado.
Así foi o día de hoxe e mañá toca preparar a carne para facer chourizos.

Wednesday, December 7, 2011

Perdendo a inocencia

Entramos no mes máis feliz e inocente do ano e Leo está todo ilusionado, claro está. Anque xa hai un compañeiriño da súa idade que di que Papa Noel non existe e a iso nós dixémoslle a Leo que entón ese neno non ía ter agasallo del e aí rematou o asunto. Leo non ten mui claro que pedir ( hai dous anos pedía follas de outono e non quería que entrase ninguén na casa de noite e o ano pasado pediu un triángulo musical que pouco usou ) e así este ano pon pegatinas » Me lo pido » a todo o catálogo de xoguetes menos nas cousas rosas, nas dos Gormitti e no patinete que é un deporte de alto risco para el. E con tanto para escoller terao doado a corte de regaladores dos reis magos, Papa Noel e o Apalpador ( este ano non está o ratiño Pérez incluido no lote ).
Onde si vai perdendo a inocencia é cos animais de Arbo. Estes días desapareceron varios pitos e díxenlle que os mataran para comer. Entón el preguntou polos ovos das galiñas e díxenlle a media mentira de que uns son para comermos e outros son para que nazan máis pitos. Tamén lle dixen que os dous porcos son para comer e díxenlle que os humanos ao final somos piores ca os lobos dos contos.
A toda esta explicación Leo non reaccionou con sorpresa como si reaccionou hai dúas semanas mirando as noticias na tele dos maiores e descubrindo que existen guerras e non son películas.
Canta inocencia lle queda por perder !.

Thursday, December 1, 2011

Rematou novembro

E foi un mes bastante tranquilo a pesar do pequeno terremoto que sentín na cama.

Como non todo vai ser inchables en Vilaguindastre tamén houbo un contacontos contando o conto de » Antón e o Apalpador «.

Falando de contacontos tivemos diante da casa políticos facendo campaña xusto un día antes dun accidente na estrada con xabaríns.

O magosto deixaba imaxes de colores de outono con música de gaita e pandeireta e unha rapaza que se atreveu a ler alí perto.

O Leo quere iniciarse na fotografía e só lle falta un pouco de pulso.

Xela segue espabilando. É de cu inquieto pero semella que lle van gustar os contos como ao resto da familia.

Agora temos un bingo na casa que vai dar bastante xogo no inverno que se aproxima anque Leo ten que aprender a perder. Como diría el: » Non te creocupes. O importante é partificar. »


Houbo maxia da man do mago Marco. Anque Leo quixo marchar pronto porque falaba muito o mago, seica.

E Leo desfrutou da súa primeira sesión disco nunha festa de aniversario con luces, fumes e versións modernas da lambada e outras músicas do momento.
Pasan os anos para todos e mentres el empeza a desfrutar da música a min na revisión médica do traballo a médica que fala con diminutivos díxome que tiña que usar lentes para ler.

 

novembro 2011


 

Tuesday, November 29, 2011

Sempre aprendendo

Sempre se aprende, lembra e ri. Esta fin de semana aprendín da bisavoa Celia que » facer as beiras » significa arrimarse a alguén aparte de namorar. A avoaM quería arrimarse a Xela pero estes días andou coa moqueira así que a nai lle dixo: » Non lle fagas as beiras á nena ! «. Tamén aprendín que » facer aghuardente » significa pingar o nariz pola catarreira como dixo avoaM nada máis baixarmos do coche en Arbo.
Lembrei a palabra » aghoar » que é o que fai Xela cando mira a xente a comer que semella que tamén quere comer. Busqueina no dicionario de dicionarios e parece que esta palabra é só do sur de Pontevedra.
Tamén coñecín unha chica que segue este blogo dende o principio e por fin coñeceu a Leo en persoa. Xuro que non é familia nin a coñecía de antes e sempre dá unha alegría unha cousa así.
E tamén rimos con Leo como non podía ser doutro xeito.O outro día foi ao baño e funlle fechar a ventá. » Para que non che entre o frío «, díxenlle; e el respondeu: » E que así temos un problema. Si se conxela o cu o buraco é redondo e o hielo é cadrado. «

Sunday, November 27, 2011

Pepa, a abella


Esta semana estivo algo complicada para bloguear pero non quero deixar atrás a fin de semana pasada que tivemos por aquí.
O ano pasado tocoulle levar a Leo á ra Pascuala do cole para a súa casa e este ano foi o turno de Pepa, a abella.
Leo estaba contentísimo e o sábado levamos a Pepa ao centro de Vilaguindastre onde sae retratada con Leo e a estatua de Antonio Palacios, toda unha celebridade de Vilaguindastre.
O domingo Pepa foi votar con toda a familia e logo tocou xantar e magosto no monte. Leo buscou a mesa no merendeiro e rechazou unha cunha pintada dunha caveira porque dicía que era dos piratas.


Ese día pasámolo mui ben e estivemos ata que o sol marchou deixando ceos tan bonitos como o da foto.

Thursday, November 24, 2011

Quinto mes


Hoxe a naipela fixo os cinco meses e tocoulle a súa primeira fruita en culler: plátano con zume de laranxa e na foto sae a cara que puxo. Metía para dentro pero botaba para fóra coa lingua. Non estaba mui convencida pero non protestou polo menos. Pensabamos que ía comer ben coa culler que a aceita ben cando lle damos a vitamina D pero non foi así. A ver se co tempo se acostuma á culler.
Polo resto vai ben. Dorme bastante ben de noite que só esperta unha vez. Polo día hai que cambiala de actividade que logo se aburre. Quere agatañar pero remata » nadando » no aire enriba do vulto do cueiro. É inquieta e quere coller e mirar todo. No cochiño quere sentarse e gústalle pasear. É mui rideira cando mira sorrisos na cara de calquera e dá berros de cando en vez. Gústalle ver a Leo ducharse ou cando xoga co ela. Estes días anda babexando e mete bastante as mans na boca e ponse rallante pero será cousa das enxivas.
Como a foto da primeira fruita non quedou ben poño outra onde se mira a Xela rindo como fai sempre.

Saturday, November 19, 2011

Xornada de reflexión

Xornada de reflexión e anos por diante de resignación.

Que ben o explica Quino na boca das súas personaxes Miguelito e Mafalda !.

Wednesday, November 16, 2011

Natillas caseiras

Ao Leo gústanlle as natillas de chocolate mercadas. É normal. Pero Naideleo quería que comera algo máis san e fíxollas caseiras servidas nunha copa de cristal pero a Leo non lle chistou o cambio de sabor. Naideleo non se resignou e probou a enganalo uns días máis tarde. Lavou uns botes de natillas compradas e encheunos coas caseiras. Leo empezou a comer unha destas e espetoulle á nai: – » Mamá, estas natillas fixéchelas tu ! » . A nai preguntoulle: – » Por que o dis ? » . » Porque saben como as de copa de cristal «, foi a resposta. Naideleo convenceuno: – » Tés razón, pero non saben tan mal, verdade ? «. Leo seguiu a comela un pouco pensativo e soltoulle todo extrañado dalí a un chisco: – » E como fixeches o bote ? «.

Tuesday, November 15, 2011

O casamento da raposa


Levamos uns días co tempo revolto con aires quentes, aires veloces e chuvias. Así o domingo houbo momentos que coincidían chuvia e sol, momento que en Arbo din » casa a raposa «. E o avóM lembrou o conto da raposa que quixo ir a un casamento ao ceo e ía agarrada por unha aguia. Cando lle preguntou a aguia que tal ía alá arriba de todo a raposa, con medo a cair, díxolle: » Si de esta vivo y no muero no quiero más casamiento en el cielo «.
Non puiden deixar de fotografar o momento que fixo lembrar o conto.

Saturday, November 12, 2011

11-11-11

E como cada san Martiño ampliei a colección de pións de Leo e iniciei este ano a de Xela.
Foi un día normal. Pola tarde, despóis da sesta de Xela, baixamos ao parque de Vilaguindastre. As pombas xa se recolleran e non comeron pupias de galleta. Iso si, andaban soltan tres porcas en forma de nenaschupimegafriends que deixan no chan o lixo en forma de botellas de refresco e bolsa de chuminadas. Supoño que estarán adestrando para o botellón. Nós fomos ao parque e, mentres eu probaba un pión, Leo fixo rir a Xela xogando no bambán e no tobogán. Logo tocou a merenda dos nenos nunha cafetería e un paseo polo centro de Vilaguindastre onde había unha feira de artesanía e libros. Leo entrou nunha librería e escolleu un de Bob Esponxa e eu non puiden resistir a tentación do último libro de Manuel Rivas. Xa despóis tocou recollida para casa que a noite cai rápida.
E así foi o 11 de 11 de 11, sen nada máxico nin esotérico como aquel 7 do 7 do 77 que un inglés apostou polo cabalo 7 na carreira 7 pensando facerse millonario e, claro, pasou o que tiña que pasar: o cabalo quedou sétimo !.

Wednesday, November 9, 2011

Para gustos


Hai gustos para todo e mentres hai algunha blogueira á que semella non chistarlle esta imaxe, hai outras como Aldabra que estará leda de ampliar a súa colección de sereas co esta xogando á billarda ou pincha, como dicimos por Vilaguindastre.
Anque deporte, deporte, eu inclínome máis polo fútbol gaélico.
E, rematando por hoxe, na interrede podemos atopar de todo para inspirarnos ou pasar o rato e non quero deixar atrás a canción que descubrín no blogo de Brétemas uns días atrás e da que tamén falou Chousa.

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Friday, November 4, 2011

Lola do Mehari

Lola do Mehari tiña unha tenda de bairro e un Mehari como o da foto. Era unha muller que se movía para traballar e era mui faladeira. Pero, aparte, tiña un poder máxico que che vou contar.
Cando eu ía de rapaz co meu irmán tíoNesi facer unha encarga á tenda, a Lola atendíanos lixeira. Logo facía a conta nun papel cun boli e, nese momento, facía uso do seu poder máxico. Ela ficaba toda queda, aguantando o boli e miraba para nós a través das gafas, facía un segundo de silencio e soltaba no seu español para falar con rapaces as súas palabras máxicas que eran: » – ¿ Más nada ? «. E durante uns segundos ela era unha estatua, nós tamén, o mundo freaba e detíñase o tempo. Tal como che digo. Todo volvía andar cando rompiamos o feitizo e nós respondiamos no noso español.: » – Nada más «.
Verídico. Se non o cres, pregúntallo ao tíoNesi.

Wednesday, November 2, 2011

E rematou outubro

E quedaron atrás algúns temas e imaxes.Empezou coa descuberta dun cartaz desa entidade evolutiva que non sei como vai rematar por denominarse e que ousa escribir unha frase mal en español ( cun » tu » acentuado ) e escríbea ben en galego… Cousas veredes !.


O outono estaba cada día máis perto e ben sabían diso as follas da viña.


Como tamén sabe o millo que acaba facendo unhas medeiras na veiga que semellan tipis de tribu india.

Antes de mediados de mes uns celebraban o día da hispandade con desfiles. Mentres; outros lembraban ao Piloto, o derradeiro fuxido da guerra civil.

O outono non daba asentado e tivemos días e solpores totalmente de verán; con fume de incendios incluso !.

E daqueles solpores veranceiros pasamos a menceres que anunciaban minuto a minuto,como mostran as dúas fotos, o cambio para o mal tempo.

E si que o anunciaron ben !.


E na familia o Leo aprendía outra diversión coas pombas. Aparte de acañalas correndo tras delas tamén é divertido darlles de comer.


E Xela adquiría outra habilidade: empezou a coller a chupeta e deixa así descansar o matapiollos esquerdo.
Agora a ver que nos trae novembro.

 

outubro 2011


 


Saturday, October 29, 2011

Calacús e pitufos


Onte celebraron o Samaín-Halloween no cole do Leo e el di que o pasou mui ben. Foi disfrazado de fantasma e levou o calacú da foto. Había un concurso no cole e houbo muitos calacús mui traballados e artísticos.
Xa hoxe tocou sesión de cine cos Pitufos e Leo aguantou toda a película. Tamén hai que dicir que a película está mui ben feita e é entretida.

Friday, October 28, 2011

Viaxiña ata Ourense

Hoxe fixen unha escapada ata Ourense acompañado da miña irmá Kasege. Visitamos as exposicións do pintor realista Modesto Trigo e a do pintor abstracto Roberto Vila. Despóis aínda demos unha voltiña polos arredores do centro cultural da deputación de Ourense e topamos unha tendiña chea de monequiños de todas as épocas. Dalí saímos cun parchís dos pitufos de agasallo para Leo.
Días coma este, tan fóra das rotinas, merecen ser lembrados sempre.

Wednesday, October 26, 2011

Tempo de amorotes


Chove con forza e gañas e a chuvia tira abaixo cos amorotes que teño diante do portal.
Estes fruitos son algo alucinóxenos e forman parte de lendas. Tamén hai sitios onde fan licor co eles e, tirando do fío, ata aparece un cantante de Australia adicando unha canción country a este licor típico do Algarve.

Monday, October 24, 2011

Cuarto mes

E aí está Xela !. Sorrí cando lle sorrís e quere erguerse e mirar o mundo. Agora empeza a xogar cos seus pés e non hai millor xogo para ela. Non para un momento nin para comer. Cando ten sono ponse pesada e mete o polegar esquerdo para durmir. A pediatra dixo que non é problema durante o primeiro ano. Como non para durante o día, na noite dorme bastante.

Monday, October 17, 2011

Culpabilidade

Levan máis dun mes coa mesma rotina anque cada día son menos xente. Chegan ás seis da mañá dos días laborables e extenden un cartaz diante da fábrica que di » Xefes Islas especuladores «. A esa hora son catro ou cinco persoas e despóis das nove da mañá cando recollen serán unhas quince. Non cortan o tráfico nin berran nin molestan. Están aí para facérense ver e máis nada.
O outro día pasei por eles co bocadillo cara o meu coche para ir ao traballo e mirei para eles. Normalmente están de leria entre eles e nin se decatan da miña presenza pero ese día un quedou ollando para min e o meu bocadillo. Eu non puiden aguantar a súa ollada e mirei para o chan. Entroume como unha mistura de vergonza e culpabilidade por ter eu un posto de traballo e eles non que me bateu no corazón.

Sunday, October 16, 2011

A deshora

Non fun pero gustoume a frase para convocar a xente. É como o dito chinés que di que toda viaxe longa empeza cun paso ou que bago a bago enche a vella o cabazo.

Saturday, October 8, 2011

Expresións e Cangas

O outro día fomos a Vigo facer unha xestión que nos saiu ben e lembrei o que se di no caso oposto: cando vas facer algo a propósito a Vigo ou calquera sitio e non o dás feito. Por aquí dicimos » ir a Vigo por ver Cangas «. Outra frase que dicimos coa palabra Cangas é » vai chorar a Cangas » que significa que podes pedir o que queiras que non se che vai conceder.
Entroume a curiosidade por saber máis destas frases e preguntei a Google en galego e mandoume á ligazón dun libriño de fraseoloxía de Matamá onde topei estas frases e outras cousas simpáticas ou curiosas como as que poño neste resume tal como vén numerado no libro:
- 4. a cara de can: pagando cada un o seu.
- 43. botar a vida dun can: tardar moito tempo nalgún sitio ou en facer algunha cousa.
- 59. cagar o can diante: malograrse algo que se tiña previsto.
- 117. empreñar de vento: crer todo o que lle din.
- 153. mirar para dentro: durmir.
- 158. mollar o ollo: chorar.
- 180. tío de América: a menstruación.
Podes curiosear máis frases e expresións na ligazón esta.
A foto é de Cangas en sepia no ano 2005 e está feita por min.

Thursday, October 6, 2011

Remataron as festas


E houbo de todo. Dende as inevitables fallas de ortografía nos cachivaches …
Pasando por momentos de diversión…

Ata protestas na festa dos callos …
E semella que seguimos no verán.

 

setembro 2011


 


Friday, September 30, 2011

Setembro rematou

Non sei a ti pero a min sempre me quedan atrás fotos e ideas para postear.
Neste mes de setembro houbo algúns.

Este cartel serve de mostra da fusión entre os vellos tempos e os novos. A festa do Libramento de toda a vida misturada con música actual.


Este pazo de Alxén en Salvaterra semella un bo escenario para unha serie de televisión.


A xente é mui porca e tira pantallas de ordenador en calquera lugar.

Eu andaba á busca de natureza silvestre e mira que topei.


Na mesma zona está esta indicación duns que non saben o que escriben.

Esta estatua está en Vide, As Neves, e pensei que era dun neno comendo un xeado. Cando parei non dubidei que tiña que fotografala: non todos os días uns veciños adican un monumento a un veciño que estivo sempre aí á hora de animar a vida cultural e festiva da parroquia.
Creo que é millor adicar unha estatua a unha persoa así e non a un soldado ou un político.

Esta mancha nunha porta parece a cara dun home. Se chega a parecerse á virxe habería peregrinación ata este lugar.

Aquí queren vender grazas á imaxe de Deus nunha piscina cos anxos. Tamén din que os prezos son da Terra. Pero como queren vender non din que as hipotecas son un inferno.


Esta empresa nas festas de Vilaguindastre ten un nome que máis semella un anuncio de preservativos.


Quedan poucas ocasións para ver as parellas de parrulos que queren tranquilidade.

E en Arbo hai dous novos inquilinos que están aprendendo a comer verzas. O malo para eles é que non lles queda demasiado tempo.

Isto, entre outros temas, foi o que deu de si o mes de setembro para min.

Tuesday, September 27, 2011

Cinco anos

Hoxe Google está de aniversario pero non é o único.


O Leo fai hoxe cinco anos que logo se di !.

Seguen existindo os seus amigos imaxinarios que levan unha vida paralela co noso mundo e así van tamén ao cole, teñen irmás e viven perto de nós.
Vai madurando aos poucos e así perdeulle o medo aos cachivaches da festa e aí o vai montado no tren preconstitucional da festa.
Agora faltaba a proba principal a ver como reaccionaba se apareceran os cabezudos.


Gústalle estar soíño xogando ás súas historias pero cando hai que xuntarse cuns amiguiños para xogar ás bolas, merendar, soprar as candeas e recibir agasallos aí o está.
Preguntámoslle que tal hoxe no cole e se xogan xuntos maiores e pequenos no patio e díxonos: – » Os maiores xoban no outro patio. No noso xobamos os pequenos da miña jaula i os das outras jaulas «.
E agora quedou frito na cama despóis de tanta bricadeira que a vida continúa.

Sunday, September 25, 2011

Cando eu era pequeno …


Recibín un convite do Robinson Kaplan e acéptoo anque non quede ao seu nivel.
Antes de nada teño que dicir que non lembro muito daqueles tempos en branco e negro dos meus dez anos para atrás e tampouco fun eu mui fedello que digamos.A maior trasnada que cometín foi a medias coa miña irmá Kasege que deixamos pechada á nosa nai no faiado. Entrábase por unha porta sen fechadura que estaba sempre aberta cunha bombona de butano atrancándoa. Nós apartamos a bombona e a nosa nai quedou alí porque subira a pendurar a colada. A todo isto estaba a comida no lume e o meu irmán pequeno no berce. Miña nai tivo que arrincar unhas tellas e pedir auxilios dende o tellado ata que chegou un veciño. Dende aquela quedaron impresas as rabuñaduras de miña nai na porta aquela e dá arrepíos pensar o que podería ter pasado.

Lembro unha vez que me perdín. Acostumabamos ir ao monte Castro os domingos para coller cogumelos ou pasear. Eu quedei atrás e logo non topei á miña familia. Como sabía o camiño fun ata a casa a esperar no portal ata que apareceron meus pais xa de noite e todos preocupados.

En canto a leitura dicir que eu era de tebeos e non había muito libro para nenos na casa. Lembro estar enfermo na cama e ler libracos ilustrados de Culturas ou Historia. Logo cos Nadais foron aparecendo libros infantís e eu lin e relín varias veces Robinson Crusoe.

Da igrexa apenas lembro algo. Foi facer a primeira comuñón e non volvín. Lembro rematar as misas e ir xogar cos amigos ás canicas, aos trompos, ao cacharro ou ao fútbol antes de xantar.
Tamén lembro imaxes de domingos asociadas a tabernas con cuncas de viño para os maiores e Mirindas compartidas para os pequenos. Estabamos rodeados de fume de tabaco, ruido e co chan estrado de cascas de manises. Non podo pasar por alto ao famoso mono Claudio que estaba nun bar da praia de Coruxo.

Cando nos mudamos do bairro da miña primeira infancia quería enfermar de nostalxia como Heidi para non marchar dalí pero fun dar a un pequeno paraíso en Coruxo o verán de 1976. Lembro ir case todos os días á praia andando pola vía do tranvía abandonada e non sei polo que pero asocio esta imaxe a Tom Sawyer. Chegabamos á praia e non nos podiamos bañar para gardar o tempo da dixestión e aproveitabamos para percorrer os cons e apañar ducias de matahomes e queimacasas.

O tempo pasa e rematou ese verán e exactamente hoxe cúmprense trinta e cinco anos da mudanza para Vilaguindastre. Pero iso xa é outra historia.

Saturday, September 24, 2011

Terceiro mes

A xoubiña vai medrando a quilo por mes e sen muitos problemas. Aguanta ben a cabeza e ri e conta » contiños » mentres bota burbullas pola boca. O outro día deu media volta sobre o seu corpo por primeira vez e cando está debruzada quere agatañar. Leva bastante ben os gases e as viaxes en coche e protesta máis cando quere durmir que cando quere comer pero tampouco é tan grave.
E que siga así !.

Thursday, September 22, 2011

Lerias de Leo

O Leo non para de falar e cando non sabe inventa.
O outro día saiu da casa co primeiro libro que colleu da nosa biblioteca que era unha guía de Oviedo. Dixo que ía ler o conto e empezou: » Hace añísimos…»
Na foto sae co libro de Pelogato 24 que ten CD coas letras e inventaba unha canción mentres andaba: » Agora hace una mujer desnuda en un carballo «.
O outro día estaba Leo no parque co amigo X. e remataron mal como acostuma pasar entre nenos. Naideleo díxolle que lle pedise perdón a X. e Leo dixo: » X. tonto «. Naideleo enfadouse: » Leeeo !». E Leo autocorrixiuse: » Ah, vale. X. estulto «.
Para estas cousas vale ben un blogo.

Wednesday, September 21, 2011

Adeus verán

Na foto retrato un cacho de uva Loureiro que xa non existe como tal , estruchado e fervendo para facer viño .
Non sei a ti pero para min o verán remata cando remata a vendima, empeza o cole e empezan as festas de Vilaguindastre. Tamén agora as tardiñas son frescas e hai que pór pantalóns longos e mangas longas.
Outro feito máis: queda pouco para o aniversario de Leo !.

Sunday, September 18, 2011

Intento


Co inicio do curso hai que buscar algunha actividade extraescolar para Leo que lle guste. O asunto non é nada doado que o rapaz é tímido e cústalle socializar. Probamos a metelo nunha asociación de baile onde está un compañeiriño de clase pero non lle chistou a idea e iso que Naideleo o invitou a gominolas para que probase a bailar. Cando marchamos do local Naideleo díxolle: » – Non fago máis tratos contigo. Quedamos en que che compraba gominolas e ti probabas a bailar.» O Leo, mui espabilado para o que lle convén, retrucoulle: «- Eu pensaba que o trato era solo que eu comera gominolas. «

Thursday, September 15, 2011

Inicio do cole

O Leo empezou o cole o luns pasado. O pobriño pensaba que lle ían tirar o cole novo do ano pasado e ían facer outro porque coincidiu que todos os cursos cambiou de edificio pero, claro,non foi así. O que si cambiou foi a profe que xa non é unha chica cun tríscele no colgante e que fala galego. Pero este non foi o único cambio. O ano pasado ninguén nos dixo que ía ter relixión e levamos unha sorpresa no Nadal cando o Leo quería buscar a Herodes que mata aos nenos por todos os Nacementos. Podemos pasar iso, vale; que non nos avisen de que hai opcións arelixión e que lle metan cousas extrañas na chencha ao neno. Que o libro de relixión sexa o único en castelán, vale, tampouco é problema para nós. O que si non se pode pasar é pagar por un libro que ensine cousas como a da imaxe: o pai e o neno a xogaren e a nai a varrer. Este ano o Leo vai dar alternativa e a ver que sae daí.

Wednesday, September 14, 2011

Premio Raiola

Recibo o Premio Sunshine Award ( Premio Raiola ) dende o blogo de Zeltia e estou agradecidísimo de que alguén se lembre de min no momento de conceder un premio.
Non sei mui ben de que trata o premio e o que hai que facer pero creo que hai que ligar o blogo premiante e darlle este mesmo premio a outros doce blogos, deixar a ligazón e explicar a razón pola que se premian.
Eu non quero obrigar a ninguén a seguir este meme así que lle dou o premio a doce blogos que agora mesmo están parados e que no seu momento me aprenderon cousas, divirtíronme e fixéronme pasar mui bós momentos.
Aquí deixo a listaxe e lembra que os millores momentos destes blogos e de todos adoitan estar nos inicios así que se te animas a mergullarte neles vai aos vellos arquivos. Hai de todo como en botica !.

Monday, September 12, 2011

Sigo entre uvas

Neste tempo non só se vendima. A uva despóis de vendimada ten que ser estruchada na espaleadora que separa a uva que vai para o barril do cangallo que hai que tirar.
A uva bota varios días a ferver no barril e hai que ir baixándoa coa ghaia para que estea toda mollada e non borde.
Na foto de arriba retrato a ghaia e o barril.

Cando deixa de ferver hai que cambiar a uva de barril e hai que pasala a un barril limpo de sarrio.
Na foto de arriba aparecen un medio de branco e un bocoi con sarrio antes de limpalos.

O que queda no primeiro barril despóis de pasar o seu líquido a un novo barril chámase baghazo e hai que metelo na laghareta para prensalo e aproveitar o líquido resultante da espremedura.

Este ano houbo tanto tinto que avóM. mercou un depósito de mil litros de aceiro inox.

Na foto retrato o depósito ben roxiño cando baixa o viño.
E mentres o viño tinto ía facéndose na adega houbo que vendimar uva branca híbado pola tarde.
Pero tamén hai tempo para tirar algunhas fotos bonitas.

Thursday, September 8, 2011

Vendima 2011

Nótase que hai crise que a vendima se adiantou e vén máis farturenta que outros anos e así a adega non quere máis uvas que os dous mil cincocentos quilos do cupo e o resto hai que tragalo. Menos mal que apareceu outra adega que quedou cos máis de mil quilos a máis de Albariño que produciron San Benito, Soutelo, Suborribas, Correlos, O Couto, Tumbalobos e As Carmelas.
Levamos unha boa farta os dez vendimadores contando o primeirizo curmánD con doce anos.
Agora queda a Treixadura para a adega e as tintas e híbados para a casa pero iso é outro cantar.
Na foto uns cachos de Albariño non mui grandes que había outros coma rapaces pequenos.

Saturday, September 3, 2011

Maxia

De todos é sabido que a necesidade agudiza o inxenio e así pasou este conto.
Un enxeñeiro da empresa que fabrica os Uro ( únicos veículos verdadeiramente galegos ) sentía mágoa de seus pais e outros maiores que coñecía que non tiñan carné de conducir e tiñan que ir ás verbenas á chuvia. Que fixo este enxeñeiro ?. Pois creou un veículo pechado para xente sen permiso de condución. Levou o proxecto a varios empresarios e só houbo un que se comprometeu a realizar o proxecto. Iso si, o veículo non podería chamarse Maxia como quería o enxeñeiro que non ía vender nin o primeiro cun nome en galego, ese dialecto que non vale para nada; así que o enxeñeiro puxo o nome en galego raro, deulle a volta ao pensado e puxo o nome máis comercial, molón, chupiguai e fashion da historia e quedou como Aixam que, seica, é máis moderno e soa millor.

 

 

agosto 2011

22 Setembro 2011

Saturday, August 27, 2011

Cincuenta e nove meses

» Eu xa non fago meses que teño anos. Xela fai meses !. » Así dime hoxe Leo e vou rematar a conta en meses da súa vida neste blogo. Agora será a conta de meses de Xela en números ordinais cada día vintecatro, a ser posible. Isto non quere dicir que deixe de falar de Leo nin muito menos; só que agora non porei un día ao mes » forzado » para falar del como facía cada vintesete.

E nada, aquí está o artista retratado hoxe. Medrou un montón en todo ou será que o comparamos coa irmá ?. Gústalle xogar só montando historias con calquera cousa e non deixa atrás letras e números. Segue sendo de trato reservado coa xente os primeiros minutos e logo xa non hai forma de paralo co que fala. De feito fala cada vez máis e millor español e no galego mete algunhas cousas extrañas como verbos compostos, » lleísmos » e máis e máis vocabulario castelán. Confunde o son » r » simple co composto, solta bastantes » g «no canto de » b » ( groma, négoa, güena, etc ) e segue dicindo » nesito » , » nesesitamos «, » creocuparse » e » masiado «.

Thursday, August 25, 2011

Segundo mes ( e un día )

Aquí está Xela onte. Tocoulle a revisión dos dous meses e levou catro xeringazos para vacinala. Chorou coma nunca con ese tremor de queixo característico seu e, despóis do consolo da teta, durmiu muito tempo.
A nena está mui ben. Engordou case dous quilos dende o seu nacemento e agora non se pode deixar soa na cama grande que, dando cuadas, vaise desprazando e pode caír da cama.
Pórtase ben e apenas chora. Cando ten fame empeza a chupar a man dereita e só despóis de bastante tempo empeza a chorar. Protesta un pouco tamén cando quere durmir ( máis que cando quere comer ) e vai levando bastante ben os gases porque arrota e obra bastante.
Gústalle ver e sorrir para a lámpada do salón ou a Soa, a moneca que leva no cochiño; e fálalles botando gorgoriños.
E xa van dous meses !.

 

Sunday, August 21, 2011

Castelos, praias e máis

Nesta semana puidemos visitar o castelo de Soutomaior. A Leo encantoulle ( así dixo ) e só tivo medo dalgunhas alturas e do manequín do calabozo.

Tamén fomos a unha praia onde eu era o máis peludo anque non crea que eu mereza un puaaajj !! como o que merece Patricio.

O avó Ricardo fixo oitenta e catro anos anque anda un pouco pachucho e sen muita fame.

Por fin probamos os kiwiños que saben a kiwi cen por cen anque teña un tamaño da décima parte dun kiwi.

E rematou a semana con treboada que aínda se sente ao lonxe.

 

Sunday, August 14, 2011

Volta á normalidade

A inchazón do pé non foi a máis e na farmacia onde merquei a pomada tocoume un podómetro de agasallo.

No traballo teño esta quincena que entra de mañá que é case como estar de vacacións coas tardes libres para desfrutar da familia.

A Xela logrei fotografala sorrindo. Xa leva bastantes días que sabe facer o sorriso social pero non a daba pillado. Xela pórtase bastante ben anque leva algo mal o das viaxes en coche que se lle dá por chorar.

E de Leo, que máis se pode contar ?; quere á súa irmanciña ( de feito, quérea de novia ), pórtase bastante ben e cando se aburre da tele acende » a súa » e monta historias con monecos e xoguetes.

Creo que son feliz.

Friday, August 12, 2011

Perségueme a mala sorte

Nunha rúa de Vilaguindastre pódese atopar unha pintada como esta onde eu non atopo nin pés nin cabeza nin falla que fai vindo de onde parece que vén. Unha pintada así nunca é cousa boa, máis claro auga.
Por sorte, xusto enfronte hai unha empresa cultural chamada Xerpo que é un adxectivo que significa » vivo, con inxenio, predestinado para facer o que fai «. Unha empresa así é cousa boa e necesaria.
Para desempatar o empate entre cousas boas e cousas malas que hai nesta rúa hoxe escordei un pé. Agora está inchado e non sei como evolucionará.
Está claro que a mala sorte ultimamente vai atrás miña.

 

Wednesday, August 10, 2011

Limusiñas e máis

No verán pode pasar de todo.

Un sábado vas a un parque dunha vila próxima cuns amigos e hai concentración ruidosa de motos e pola noite unha DJ que pincha en topless. Os carteis anunciaban a actuación pero non fun vela. Agora teño un horario máis infantil e para ver o que ensina xa hai abondo na praia, nonsí ?.

No domingo vas a Arbo e apañas moras pero á tardiña muda o tempo e os montes de Portugal non semellan estar en agosto.

Outro día o Leo xúntase cuns compañeiriños do cole e mercamos o libro de fotos da clase.

Eu fotografío un coche tuneado.

Ao primeiro pensaba que era dunha empresa pero leo » porsche acaso «, » ferrari roché «, » nave especial «, » auto gnomo «, etc.

Finalmente a palabra » limusiña » sácame do erro e decátome de que o coche está tuneado e con bó gusto, polo menos para min.

 

Saturday, August 6, 2011

Gharghallos

Ultimamente desaparecen medios informativos en galego e iso supón un retroceso no camiño do galego. A nós quédanos o traballo de manter o pouco ou muito que temos e así hoxe vou incorporar para a interrede unha palabra pouco usada que son » gharghallos «.
Onte un saco de papel » tropezou » co meu ollo e deixoumo así como sae na foto. Lembrei o que di avóM cando ten un ollo dorido. El di que é como ter » gharghallos » que veñen a ser virutas e semella unha dor expresiva e intensa. Afortunadamente non é o meu caso e o luns estarei practicamente recuperado e volverei medio esquecer a palabra » gharghallo «.

Thursday, August 4, 2011

Cághados

Non tiña ideas para escribir e recorrín ao arquivo do blogo e descubrín que este blogo naceu tal día coma hoxe hai cinco anos xa. Daquela non existían nin os meus fillos, nin o blogo nin os cághados da foto.
Só podo dicir: longa vida para todos !.

Tuesday, August 2, 2011

E remataron as vacacións


Xela fixo un mes o día vintecatro.


O Leo fixo cincuenta e oito meses o día vintesete. Só lle faltan dous para facer cinco anos.

Fixemos fotos co hórreo e os muiños de Toba, en Cee.


Percorremos o mercado medieval de Corcubión.


Paseamos ao longo da praia Langosteira en Fisterra.


Visitamos un día de mal tempo a igrexa e as pedras de Muxía.


Non faltou o cabo Touriñán, verdadeira fisterra de Galicia.


E demos unha volta ao redor do faro de Fisterra para ver restos de calzado queimado por pelengríns.


Adeus ás vacacións. Agora quedan as lembranzas e as fotos.



xullo 2011

Wednesday, July 20, 2011

Vacacións 2011: primeiro asalto

Neste primeiro asalto descubrín unha chalana abandonada á súa sorte e de nome Xela. Coincide no nome coa nena e quedaron en explicarme a orixe do nome. Outra coincidencia: no momento que nacía a nosa Xela a rapaceada de Sardiñeiro levaba a chalana para botala ao lume de san Xoán pero saiu a dona e rescatouna no último momento. Semella que ambas as dúas, nena e chalana; naceron no mesmo momento.

Nun quiosco merquei o setenta e cinco por cento da literatura galega que tiñan ( ou sexa tres libros ) e axudou a pasar muitos momentos de chuvia e insomnio na casa.

Tiven ocasión de probar a cervexa Gallaecia no centro comercial Finis Terrae de Cee e quedei coas gañas de probar máis porque hai seis variedades. A ver se teño sorte.

Houbo ocasións para fotografar imaxes mariñeiras e veranceiras de Sardiñeiro e como mostra deixo esta pranta multicolor esperando que alguén me dea un nome desta pranta das dunas que non dei atopado neste miniatlas.


Por fin quitei a espiña da visita á fervenza do río Xallas en Ézaro que levo décadas querendo visitala e ata o domingo pasado non tivera éxito. Non me defraudou… e pensar que agora só admiramos o dez por cento do seu caudal orixinal !.

Tamén houbo reencontro co sabor do bólo da panadería Suárez, aturar chuvia, ver ao Leo chapaleando en bulleiros, comer pizza nunha pizzería con manteis de papel do mapa de Galicia e que tamén serven tapas, aburrirnos coas repeticións da canle Clan e ter a primeira sesión de cine do Leo con Cars 2 ( e que non deu aguantado ata o final ).

Agora quedan uns días máis e a ver se millora o tempo e non lle fai caso ao cartel atopado nun mercadiño: » Para el verano gallego: nueva temporada otoño «.

Ata outra.

Monday, July 11, 2011

Cambio de aires

Durante uns días andaremos polas terras fisterrás e non haberá muito movemento neste blogo.
Así que mentres xa podedes portarvos ben e con saúde.
Ata pronto.

Saturday, July 9, 2011

Graciñas

Queremos agradecer a todos os vosos comentarios de felicitacións.
Tamén quero dicir que o blogo non cambia de nome nin nada en especial porque segue sendo Leo » e os seus «. Cambiarei agora a descrición da imaxe e pouco máis.
E por aquí seguimos medrando todos anque non o percibamos. Xela supoño que medrará co impo ou faluco que ten ás veces e o que dorme que iso é medrío, seica.
Un saúdo e graciñas outra vez.

Sunday, July 3, 2011

Entre cueiros e bombóns

Entre cueiros e bombóns pasan os días. Veñen visitas de amigos e familiares e a » xoubiña » estase comportando ben cos seus choros mínimos e a súa tranquilidade. O irmanazo Leo pregunta todo sobre ela e acarrexa os cueiros suxos ao lixo tapando o nariz e avisa se a nena chora. Leva bastante mal as visitas que o poñen tontiño e saca o seu lado » simpático » con cambios de voz e idioma e movementos parvos pero hai que aturalo.
E o tempo pasa.

Olark Livehelp